Venus Veneris

@ Maggi Hambling (2003), Aldeburgh beach (Suffolk, East Anglia, England)Escultura: Maggi Hambling, Aldeburgh beach (Suffolk, East Anglia, England)

por javi montero/ La Voz de Galicia

Emblema de todos os camiñantes 

A cuncha de vieira empregouse moito na nosa arquitectura popular, máis que como elemento decorativo cun sentido funcional, nos pinches máis expostos das casas, pola súa dureza e capacidade para illalas da chuvia e dos ventos nos húmidos invernos costeiros.

Hai tempo que nos propuxemos recuperar esta técnica construtiva que tanto nos identifica, polos seus valores construtivos, culturais e tamén estéticos, mais agora penso que corre o perigo de se converter en moda, pola nosa tendencia ao abuso do artificio “bonitista” e descontextualizado por riba da súa integración razonable na paisaxe social e urbana. 

Pero máis aló do seu sentido práctico ou ornamental, a cuncha sempre estivo revestida dun profundo carácter simbólico e teolóxico. Como refuxio do seu molusco, dende antigo asociouse á vida retirada, ao recollemento e á meditación. Iso ficou na propia linguaxe, pois aínda hoxe da persoa retraída dise que non é quen de saír da súa cuncha.

Os autores clásicos revestírona de connotacións sexuais e de fecundidade. De aí o mito de que Venus (Afrodita), deusa do amor, a beleza e da fertilidade, naceu dunha cuncha, e así aparece en moita da iconografía, sobre todo no Renacemento e no Academicismo decimonónico. Como tamén é certo que o propio nome de vieira (en castelán venera) procede do antigo termo latino “Venus Veneris”.

O cristianismo aceptou e adaptou algúns dos antigos simbolismos pagáns. A pila bautismal toma a forma da cuncha, pois esta contén a auga coa que o crente nace á vida verdadeira, a vida de cristián. A cousa ven de lonxe, pois xa nos sarcófagos paleocristiáns adoitábase gravar este “logo” para evocar o renacer e a resurrección á vida eterna.

A cuncha tamén é universalmente coñecida por ser o emblema da cidade de Compostela e distintivo dos peregrinos que viaxan á tumba de Santiago. Como especie típica de Galicia, durante moito tempo funcionou como unha especie de acreditación dos camiñantes por haberen chegado aos confíns do mundo, berce da cristiandade. Pero tamén se vía nela un obxecto que propiciaba boa sorte, gardaba dos perigos e afastaba ao demo e aos malos espíritos do Camiño.

Había historias e lendas que avalaban este poder milagreiro da cuncha, como aquela que fala dun noivo que festexando o seu enlace afundiuse có seu cabalo no mar Atlántico. As xentes xa o daban por morto cando, gracias a intercesión do apóstolo, saíu á superficie cuberto de cunchas de vieira.

O noso Códice Calixtino, guía dos peregrinos e camiñantes da fe, resume moitas destas ideas e sentimentos, asimilándoa ao amor, á virtude e á caridade, e comparando as súas estrías cos dedos estendidos da man. Velaí o maravilloro relato:

 << (…) Por lo mismo que los peregrinos que vienen de Jerusalén traen las palmas, así los que regresan del santuario de Santiago traen las conchas. Pues bien, la palma significa el triunfo, la concha significa las obras buenas. Así como los vencedores al volver de la batalla solían en otro tiempo agitar las palmas en sus manos, mostrando que habían triunfado, así los peregrinos que vienen de Jerusalén traen las palmas, mostrando que han mortificado sus vicios. (…) Pues hay unos mariscos en el mar próximo a Santiago, a los que el vulgo llama vieiras, que tienen dos corazas, una por cada lado, entre las cuales, como entre dos tejuelas, se oculta un molusco parecido a una ostra. Tales conchas están labradas como los dedos de la mano y las llaman los provenzales nidulas y los franceses crusillas, y al regresar los peregrinos del santuario de Santiago las prenden en las capas para gloria del Apóstol, y en recuerdo de él y señal de tan largo viaje, las traen a su morada con gran regocijo. La especie de corazas con que el marisco se defiende, significan los dos preceptos de la caridad, con que quien debidamente los lleva debe defenderse, esto es: amar a Dios sobre todas las cosas y al prójimo como a sí mismo.

Ama a Dios el que guarda sus mandamientos. Ama al prójimo como a sí mismo el que no hace a otro lo que no quiere para sí, y lo que quere para sí hace a los demás. Las conchas, acomodadas a manera de dedos, significan las obras buenas, en las cuales el que dignamente las lleva debe perseverar, y bellamente por los dedos se simbolizan las obras buenas: de ellos nos valemos cuando hacemos algo. Por tanto, como el peregrino lleva la concha, así mientras esté en el camino de la vida presente debe llevar el yugo del Señor, esto es: debe someterse a sus mandamientos. Se cuenta que siempre que la melodía de la caracola de Santiago, que suelen llevar consigo los peregrinos, resuena en los oídos de las gentes, se aumenta en ellas la devoción de la fe, se rechazan lejos todas las insidias del enemigo; el fragor de las granizadas, la agitación de las borrascas, el ímpetu de las tempestades se suavizan en truenos de fiesta; los soplos de los vientos se contienen saludable y moderadamente; las fuerzas del aire se abaten (…)>>

Otros enlaces:

http://declickenclick.com/2012/07/25/por-que-los-peregrinos-de-la-ruta-jacobe-llevan-una-concha-de-vieira-la-leyenda-del-caballero-de-las-conchas/

http://mujeresnavegantes.wordpress.com/2010/01/14/la-ruta-maritima-jacobea-y-la-leyenda-del-cabaleiro-das-cunchas/