PAISAXE E ARQUITECTURA NO SALNÉS (II)

15

javi montero

Fronte á orde e frialdade dos cemiterios das cidades, no camposanto aldeán as tumbas vanse dispoñendo de xeito espontáneo e anárquico arredor da igrexa, como nacen as árbores a carón do río, e as lápidas acaban fundíndose coa paisaxe, metáfora do repouso no campo, do retorno á orixe, ás nosas esencias.

Símbolo e Relixiosidade

Xunto co carácter de elemento utilitario, onde como dicimos tamén atopamos mostras de orixinade creativa, está a necesidade de concibir a casa e o seu entorno como un conxunto de relacións simbólicas e culturais, como un xeito de pensar e de ve-la vida: “ a casa reflexa en Galicia, con máis intensidade que noutros lugares, a visión do mundo e a concepción do espacio <<ideal>> propios da cultura e dos habitantes na que se enxerta, así como as relacións sociais e a escada de valores existentes na sociedade que desenvolve a súa vida nas construcións da súa arquitectura”( M. Caamaño Suarez, 2003, p. 91).

A casa é a célula básica, o espacio privado, un microcosmos de relacións familiares que se organizan mediante uns códigos dictados pola tradición. Na casa materialízanse moitas das crenzas e costumes da familia e da sociedade rural.

Sen embargo, pese a ser un ámbito pechado existe unha serie de interrelacións coas outras construcións do lugar, da parroquia e, en última instancia, do concello e da comarca.

A Parroquia

11A parroquia é o marco onde se desenvolve a vida do rural. Aínda que non posúe personalidade xurídica propia, a parroquia conforma unha unidade xeográfica, relixiosa, administrativa, social e cultural ben delimitada. Para os veciños é o principal e inmediato marco de referencia, co que se identifican e no que se desenvolven as necesarias actividades de cooperación.

Nun mundo caracterizado polo celo doméstico, a propiedade privada e os lindes, a parroquia é o necesario espazo da vida común, onde se desenvolven colectivamente moitas actividades productivas e onde todo -o monte, o muiño, as pontes, a fonte e o lavadoiro, a igrexa, os camiños e os cruceiros…- semella estar unido por unha urdime de vínculos e tradicións.

Centro Parroquial

O “centro” da parroquia é o conxunto formado pola igrexa, o adro e o cemiterio. É o principal referente para os veciños, ben comunicado e de fácil acceso, pero un pouco elevado, ben visible, como presidindo o territorio, como se quixese ocupar o lugar que lle corresponde dentro da xerarquía espacial.
A igrexa-adro-cemiterio non só é un centro espiritual, senón tamén un centro social e ata comercial. Como sabemos, alí teñen lugar os oficios relixiosos, pero tamén funciona como un espacio de reunión e participación comunitaria, de solidariedade entre os veciños. Na igrexa ou no adro, danse avisos e noticias de interese para a comunidade (defuncións, casamentos, romerías, actividades culturais, etc.) e se comentan cuestións relacionadas coa administración da parroquia ou os medios de uso colectivo. Tamén se organizan romerías en honra ó patrón, cuxa festa profana terá lugar no “campo da festa”, ou teñen lugar ritos populares, onde se mesturan crenzas relixiosas coas profanas, marcados dun forte carácter simbólico e de gran interese antropolóxico. En resumen, é un lugar de convivencia, de tertulia, de rezos, de festa, de ritual profano… e tamén o lugar dos mortos.

O Camposanto

14No camposanto é onde voltamos a sentir ata qué punto o home do rural galego estivo sempre en estreita comuñón coa natureza. Aínda que bastante desvirtuados pola definitiva implantación dos nichos en altura, o camposanto tradicional, do mesmo xeito que a casa, é un testemuño máis da extraordinaria interacción do home co seu medio. Fronte á orde e frialdade dos cemiterios das cidades, no camposanto aldeán as tumbas vanse dispoñendo de xeito espontáneo e anárquico arredor da igrexa, como nacen as árbores a carón do río, e as lápidas acaban fundíndose coa paisaxe, metáfora do repouso no campo, do retorno á orixe, ás nosas esencias.

Quixéramos rematar este artigo cunhas palabras coas que o antropólogo Fernández de la Rota reflexiona sobre o simbolismo da morte e onde se sintetiza maxistralmente todo ese conxunto de relacións aínda vixentes en moitas das nosas aldeas:

<< Mientras el difunto está en su casa, convirtiendo el “sobrado” en antesala del cementerio, la celosa intimidad doméstica se amplía a solidaridad comunal. El limpio piso alberga por un día la sagrada corrupción y se convierte, como ocasión única, en centro parroquial. El entierro solemne recorrerá ese día en procesión el camino que une los dos centros. Es el camino sacro por excelencia, <<o camiño dos difuntos>>. Su residencia futura estará en el centro simbólico de la parroquia, presidiendo, en comunidad con los demás ancestros parroquiales, todos los principales actos comunales que tendrán lugar a escasos metros. Si en el momento anterior su casa se convirtió en centro parroquial, de ahora en adelante el centro parroquial será su casa >>. (J. A. Fernandez de Rota, 1884, p. 144)

12