ALMAS DO MAR

Nudo (2)

por javi montero

XUNTOS

Xa están xuntos. Ghabeando polos cons salgados.

Nas fragas profundas do océano.

Rindo, baixo as estrelas dos faros.

Acubillando o nacente en cuberta.

Chora maino o vento polos seus fillos.

Libres, os catro xuntos, na infinidade azul.

 

Daniel Ablitt, La espera.

@ Cuadro: Daniel Ablitt, <<La espera>>

O 19 de decembro de 2018, a case cinco millas ao sur do Cabo Fisterra, afundíase o pesqueiro “Sen Querer 2”. Aquel fatídico golpe de mar cernou a vida de catro mariñeiros cambadeses. Outros seis tripulantes puideron ser rescatados. O barco xace a 114 metros no fondo mariño.

Un novo naufraxio encollía o corazón de todos os galegos e volvía a espertar as pantasmas escuras da memoria: “Buraz”, “Paquito”, “Meloxeira”, “Novo Marcos”, “O Bahía”, “Sempre Casina” son so algúns dos tráxicos afundimentos dos tempos recentes.

Pero alá van séculos de loita dos nosos homes coas ondas do seu sustento. Atrás quedan milleiros de bágoas das súas mulleres e fillos. Orfos e viúvas do mar, aloitadoras que choran, pregan e sosteñen con rabia a patela da vida sen deixar de mirar cara adiante.

Quere esta páxina render pequeno homenaxe a todas as xentes do mar. Da Galicia tapizada polas cruces dos mortos a todos os recunchos da Terra onde medran e devalan as mareas. De Cambados a todos os pobos que foron deixando parte da súa sangue nos remuíños profundos da auga salgada. 

A súa única patria é a Illa dos Afortunados, onde os antigos dicían que homes e mulleres viven en paz e gozan da eternidade, heroes felices e libres de preocupacións, a illa dos benaventurados, na que o sol fecundo xermina tres veces o ano unha florecente e doce colleita. E alí ficarán para sempre…

Vídeo: @ Juan Galiñanes