sobre nós

Fai xa máis dunha década comezamos un camiño laboral (pero sobre todo vital) para estudar, recuperar, valorizar e difundir o PATRIMONIO CULTURAL e as PAISAXES URBANAS E NATURAIS que nos tocaron en herdanza. Nesta pequena travesía topámonos con moita xente. Algúns ríronse de nos, outros amosáronse escépticos, outros simplemente seguen sen comprender esa teima por tentar conservar e recuperar con sesibilidade e o máximo rigor os escenarios nos que transcorren as nosas vidas e legalos ás xeracións futuras nas mellores condicións. Noutras ocasións atopámonos con profesionais comprometidos que nos ensinaron moitas cousas (técnicas e humanas) e nos animaron a seguir adiante.

ArteHabitat nace coa vontade de compartir parte do traballo feito, reflexionar sobre o moito que aínda queda por facer e abrir un foro de debate para que todos aportemos a nosa visión sobre a Galicia e o Mundo que queremos para vivir. Anímovos a que participedes. O TERRITORIO CONSTRUÍMOLO TODOS CADA DÍA.

javi montero

enlace: CURRICULUM. JAVIER MONTERO PÉREZ. 2015